A radio local fala da relación entre Galicia e Irlanda



Recibo dun amigo de Santiago a invitación para formar parte do "Club de fans de Yolanda Castaño". Dende logo, resposteille rapidamente de xeito afirmativo, subiugado como estou pola rutilante presencia televisiva da poetisa coruñesa. Que telexenia! Que simpatia! Que saber estar diante das cámaras! E ainda por riba a rapaza domina con mestría a nosa lingua. Dinme que unha das primeiras actividades do Club, vai ser a edición de camisolas, pins e gorras coa imaxe da Castaño. Eu propoñerei tamén a organización de excursións guiadas para algunha que outra comparecencia pública da escritora.
| Téñome enganado moitas veces. Participei en maís dun cento de debates e conflictos internos do nacionalismo galego. Hoxe botando a vista atrás, estou certo de ter malgastado feixes e feixes de enerxias en discusións esteriles. Por iso causame mágoa, ver agora, a algúns opinadores e hipercríticos que acusan ao BNG de acometer dende a Xunta unha "política blanda", de non adoptar decisións valentes, de carecer dun proxecto político,... Como toda obra humana, calquera acción política é mellorable, pero ¿non padecerán esas voces dunha certa tendencia cainita? |


